martes, 12 de junio de 2012

XOGOS TRADICIONAIS NO COLE

Por motivos meteorolóxicos non puidemos celebrar a reunión anual de xogos tradicionais con outros centros veciños. Como ao longo de todo o curso escolar estivemos a practicar as diferentes actividades, o profesor Daniel propúxonos celebralos internamente para o alumnado infantil do noso cole. Deixámosvos algunhas fotografías da xornada.

martes, 29 de mayo de 2012

Olimpíadas en Esteiro

Despois de investigar sobre as regras das disciplinas olímpicas en internet, xogos tics ,libros , contos... practicámolas no ximnasio. Deixámosvos as seguintes presentacións xogando ao bádminton, fútbol ,balonmán, voleibol, atletismo ,baloncesto…

martes, 22 de mayo de 2012

ARTURO Y CLEMENTINA

O 8 de marzo ( día internacional da muller ), máis que un día de homenaxe é un día de reflexión acerca do importante rol que desempeña a muller en cada ámbito da vida.
Un dos contos que máis me gusta para traballar a igualdade de xénero é o de " Arturo e Clementina " Editorial Lumen.
preme na imaxe
Presentámosvos o conto " Arturo e Clementina " elaborado polo alumnado de 3, 4 e 5 anos de Esteiro.
Divertímonos moito facendo aos protagonistas en plastilina , elixindo a música , gravando e escoitando as nosas voces ...
Esperamos que vos guste ... 
                         
 Compartimos os Arturo e Clementina que fixo Sofía na casa coa súa mamá. E así de contenta nolo ensina aos compañeiros...








Premio blog orixinal

O outro día encontrámonos cunha grata sorpresa no noso blog. A profe Ana e a profe Marta outorgáronnos este fermoso premio. Moitas grazas ás dúas de parte de todo o alumnado de Educación Infantil de Esteiro. Fíxonos moita ilusións. Os tres requisitos para poder aceptalo son: -Citar as persoas que mo entregan. -Dicir unha frase que me defina: " Encántame estar coa miña familia. Os mellores momentos da miña vida paseinos con eles. " - Regalarlle o premio a 10 blogs amigos. E eu vóullelo entregar a todos aqueles que me visitades e tedes un blog.

sábado, 5 de mayo de 2012

Debuxos olímpicos

Esta semana practicamos a gardar imaxes nun Pen drive USB. Aquí deixámosvos algúns exemplos dos debuxos olímpicos:

viernes, 27 de abril de 2012

Disciplinas olímpicas no ordenador

Esta semana nos momentos de TIC descubrimos os novos xogos publicados no blog. Agora que xa sabemos un pouco máis das diferentes disciplinas nos xogos olímpicos tamén podemos practicalas. Deste xeito tan divertido aprendemos as regras do xogo, vestimenta dos deportistas, materiais que usan , simboloxía... Ademais aprendemos a enviar ao noso correo uns debuxos de deportistas que nos quedaron xenial!!

martes, 24 de abril de 2012

Día do libro

Para celebrar o día do libro realizamos uns marcapáxinas relacionados co proxecto de centro: AS OLIMPÍADAS. Neste caso decidimos que o debuxo sería da disciplina de atletismo e como protagonista un dos personaxes dos nosos contos favoritos: os bolechas.

Aquí temos a Dara ao día seguinte co seu marcapáxinas olímpico!!

E a Daniela, na hora do conto, co seu marcapáxinas novo!!

miércoles, 21 de marzo de 2012

AS MANS EN ALTO

Pero que ben nolo pasamos realizando o lip dup para celebrar o día da PAZ 2012!!! .
 Grazas ao gran traballo do noso equipo directivo ( Gonzalo, Domi e Luis ) quedounos así de fermoso.

martes, 20 de marzo de 2012

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Dentro do programa de estimulación da linguaxe realizamos exercicios a través do xogo. Así, están motivados mentres favorecen a súa linguaxe.
 Nas sesións da semana pasada traballamos co conto " Carapuchiña vermella " OBXECTIVOS: - Aumentar o nivel de atención. - discriminar auditivamente sons do medio. - Reproducir onomatopeas. - Potenciar o sopro. - Ampliar o léxico. ACTIVIDADES: - Deitados na asemblea relaxámonos con sons do bosque. Escoitamos a lectura do conto, aínda deitados.
 - Realizamos respiracións, facendo que uliamos as flores do bosque.
- Fixemos sopros con pelotas de papel en camiños de plastilina, un longo e outro curto, que son os que collen carapuchiña e o lobo para chegar á casa da avoa.

- Imitamos as expresións dos personaxes do conto ( preocupación, medo, furia, felicidade... )
-
- Identificamos e imitamos as onomatopeas do conto ( o vento, os paxaros ,la escopeta... )
 - Praxias linguais ( Carapuchiña é a lingua, a boca é o bosque e os dentes as árbores )
 - Traballamos co vocabulario: describindo a roupa que levaban os personaxes e inventando outros finais á historia. 
Outros finais propostos polo alumnado son: Alumnado 5 anos “Capapuchiña e o lobo encóntranse na casa da avoa. O cazador escoita os berros e foi a mirar á casa e ver o que pasaba. Encontrouse o lobo que andaba por aí solto e chamou a policía. A policía colleu o lobo e encerrouno no cárcere. Ao final Carapuchiña queda coa súa avoíña e co seu avó a merendar. ”
 Alumnado 4 anos: Alba Carou :” Peléxanse, despois saen doridos e van para o hospital. Ao lobo dálle un infarto e morre. resucita e come todos. ”
 Xabi Martinez: “O lobo e Carapuchiña peléxanse e despois dun tempo fanse amigos e tamén noivos. Fan unha voda e fanse compañeiros. ”
 Leo: “O lobo e Caperucita fanse amigos e a avoa dálles galletas ”
 Lois Muñoz :” E fanse amigos e comen na casa da avoa. ”
 Xabi Figueiras: “E vanse todos ao parque. ”
 Dara : “ y en el sofá ven una peli los tres ”
 Bárbara : “Pasearon e durmiron na cama e tamén foron comprar chuches. ”

lunes, 19 de marzo de 2012

TALLER DE XOGOS TRADICIONAIS

Nos momentos de psicomotricidade realizamos un taller de xogos tradicionais. Montamos un recanto no ximnasio " RECANTO DE XOGOS POPULARES " .

Decoramos as mesas, o cartel , as caixas e realizamos os xogos: chapas, buxainas, birlos, bob esponxa, raquetas.

martes, 28 de febrero de 2012

Día da amizade

Outro ano é 14 de febreiro e celebramos San Valentín.

Investigamos e agora sabemos que hai moitos, moitos anos ( 270 d.C ) o emperador romano, Claudio III, non deixaba casar aos namorados. Pensaba que os soldados que non tiñan parella e fillos eran mellores para defender Roma porque non estaban emocionalmente ligados a eles.
Valentín, un bispo non contento coa noticia, casa os mozos en segredo. Cando Claudio o descobre mátao un 14 de febreiro. Dende entón, San Valentín é o patrón do amor e a amizade.
Aínda que nesta data o recordamos, celebrámosvolo todos os días do ano.

E esta é a nosa visión da historia de San Valentín.







Falamos do noso amor a un noivo, compañeiro, amiga, avoa, mamá, papá, irmá...






jueves, 23 de febrero de 2012

SEMANA DA PAZ 2012

Ao fin subimos os vídeos que elaboramos para recordar que todos os días son días de PAZ. O primeiro está baseado no conto de " caracol e vermiño " realizado polo alumnado de 4 anos e o segundo no conxuro inventado polas nenas e nenos de 5 anos no momento de P.E.L.



Conxuro de Paz

jueves, 2 de febrero de 2012

DÍA PAZ 2012

A semana pasada realizamos varias actividades en relación a PAZ.

No momento do P.E.L traballamos o conto “ buscando la paz ” . No que un Rei buscaba unha pintura na que se refectise a paz perfecta. Nós tamén quixemos participar no concurso …








Un cuento: Buscando la paz

Había una vez un rey que ofreció un gran premio a aquel artista que pudiera captar en una pintura la paz perfecta. Muchos artistas lo intentaron.

El rey observó y admiró todas las pinturas, pero solamente hubo dos que a él realmente le gustaron y tuvo que escoger entre ellas.

La primera era un lago muy tranquilo. Este lago era un espejo perfecto donde se reflejaban unas placidas montañas que lo rodeaban. Sobre estas se encontraba un cielo muy azul con tenues nubes blancas. Todos quienes miraron esta pintura pensaron que esta reflejaba la paz perfecta.

La segunda pintura también tenía montañas. Pero estas eran escabrosas y descubiertas. Sobre ellas había un cielo furioso del cual caía un impetuoso aguacero con rayos y truenos. Montaña abajo parecía retumbar un espumoso torrente de agua. Todo esto no se revelaba para nada pacífico.

Pero cuando el Rey observó cuidadosamente, vio tras la cascada un delicado arbusto creciendo en una grieta de la roca. En este arbusto se encontraba un nido. Allí, en medio del rugir del la violenta caída de agua, estaba sentado placidamente un pajarito en su nido...

¿Paz perfecta...?

¿Cuál crees que fue la pintura ganadora?

El Rey escogió la segunda.

¿Sabes por qué?

"Porque," explicaba el Rey, "Paz no significa estar en un lugar sin ruidos, sin problemas, sin trabajo duro o sin dolor. Paz significa que a pesar de estar en medio de todas estas cosas permanezcamos calmados dentro de nuestro corazón. Este es el verdadero significado de la paz."