martes, 29 de mayo de 2012

Olimpíadas en Esteiro

Despois de investigar sobre as regras das disciplinas olímpicas en internet, xogos tics ,libros , contos... practicámolas no ximnasio. Deixámosvos as seguintes presentacións xogando ao bádminton, fútbol ,balonmán, voleibol, atletismo ,baloncesto…

martes, 22 de mayo de 2012

ARTURO Y CLEMENTINA

O 8 de marzo ( día internacional da muller ), máis que un día de homenaxe é un día de reflexión acerca do importante rol que desempeña a muller en cada ámbito da vida.
Un dos contos que máis me gusta para traballar a igualdade de xénero é o de " Arturo e Clementina " Editorial Lumen.
preme na imaxe
Presentámosvos o conto " Arturo e Clementina " elaborado polo alumnado de 3, 4 e 5 anos de Esteiro.
Divertímonos moito facendo aos protagonistas en plastilina , elixindo a música , gravando e escoitando as nosas voces ...
Esperamos que vos guste ... 
                         
 Compartimos os Arturo e Clementina que fixo Sofía na casa coa súa mamá. E así de contenta nolo ensina aos compañeiros...








Premio blog orixinal

O outro día encontrámonos cunha grata sorpresa no noso blog. A profe Ana e a profe Marta outorgáronnos este fermoso premio. Moitas grazas ás dúas de parte de todo o alumnado de Educación Infantil de Esteiro. Fíxonos moita ilusións. Os tres requisitos para poder aceptalo son: -Citar as persoas que mo entregan. -Dicir unha frase que me defina: " Encántame estar coa miña familia. Os mellores momentos da miña vida paseinos con eles. " - Regalarlle o premio a 10 blogs amigos. E eu vóullelo entregar a todos aqueles que me visitades e tedes un blog.

sábado, 5 de mayo de 2012

Debuxos olímpicos

Esta semana practicamos a gardar imaxes nun Pen drive USB. Aquí deixámosvos algúns exemplos dos debuxos olímpicos: