sábado, 17 de diciembre de 2011

EL GRAN OSO POLAR

Subimos ao  blog un conto de rimas " El gran oso polar " . Neste caso foi elaborado co alumnado de 4 anos e cunha axudiña dos nosos compis de 3 anos.



viernes, 16 de diciembre de 2011

Corre corre , cabaciña

Seguro  que coñecedes o  conto " corre corre cabaciña " . Publicamos unha versión realizada polo alumnado de 5 anos.

jueves, 15 de diciembre de 2011

O NOSO CORPO VAI CAMBIAR

Unha das cancións que traballamos é "O CORPO" de mamá cabra. Primeiro escoitamos a letra, falamos sobre as partes do corpo que menciona e , por último , inventamos a coreografía.

Tamén nos gustou moito a canción " EPO ". A pesar de ser un pouco máis complicada por ter que relacionar cada palabra cunha parte do corpo ( EPO - XEONLLOS , TUKI - CABEZA ... ) , divertímonos moito.


martes, 13 de diciembre de 2011

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Hai un par de semanas empezaron no cole as sesións de contacontos . Comezamos coa representación de " Pequeno azul e pequeno amarelo".
Se queredes ver as fotos pica na imaxe e accede ao blog da biblioteca:



O certo é que os pequenos azul e amarelo resúltanme coñecidos. Curioso ... je,je.




POSTAIS DO NADAL


Glitterfy.com - Christmas Glitter Graphics

No momento de T.I.C en 3 anos , elaboramos estas preciosas postais do Nadal co programa tux paint.
Gústanvos ??


EU SON CHISPA...


Aproveitando estas datas que se achegan e que estamos a traballar o proxecto : O CORPO , elaboramos esta marabillosa árbore - xogo de Nadal para decorar o noso ximnasio.
É unha árbore moi especial , ten PERNAS , BRAZOS , OLLOS… e chámase CHISPA




domingo, 11 de diciembre de 2011

OS SENTIDOS

Compartimos este vídeo no que mostramos as partes do corpo que usamos nos diferentes sentidos. Está elaborado co alumnado de 3 anos e parte dun xogo que realizamos no ximnasio sobre os sentidos. Despois , sacáronse as fotos, gravaron as voces , elexiron portada - música e... o resultado.

sábado, 10 de diciembre de 2011

AS MANS

Na primeira parte da sesión semanal de psicomotricidade no ximnasio, comezamos con cancións relacionadas co proxecto " O CORPO ". De momento deixámosvos as das mans...
Ata pronto!!!



viernes, 9 de diciembre de 2011

Mercadiño solidario

O próximo venres celébrase na praza do concello de Muros o " Mercadiño solidario de Nadal ".
Nos momentos de psicomotricidade o alumnado de 4 e 5 anos elaboramos unhas fermosas gomas do pelo en forma de flor para participar na venda. Mirade que bonitiños!!!



domingo, 4 de diciembre de 2011

O ARCO DA VELLA

O pasado venres, no momento da asemblea , tivemos unha grata sorpresa...


O Arco da vella veu a visitarnos.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

XOGO BOB ESPONJA

Son Manu e o meu amigo è Javi. Quérovos ensinar o xogo de bob esponja.Que me gusta moito. Preme aquí.

martes, 15 de noviembre de 2011

A SEMANA DO PEÓN

O venres 11 de novembro ( San Martiño ) celebramos o día do peón. Ao longo da semana O TROMPO foi a temática central das actividades.
Así,
Nos momentos de psicomotricidade:
Elaboramos uns trompos preciosos que bailan xenial.
ALUMNADO 3 ANOS " trompos feitos con pasta de modelar "


Como fixemos


ALUMNADO 4 ANOS " trompos feitos de cartón "


Como fixemos



ALUMNADO 5 ANOS "trompos feitos de papel "



Como fixemos


Xa no ximnasio bailamos os trompos.






E aprendemos o baile
.


Tamén relizamos un móbil de peóns.


Nos momentos de P.E.L ( proxecto estimulación da linguaxe ) investigamos que hai moitos tipos de peóns e que teñen diferentes nomes segundo a zona na que nos atopemos ( trompo ,peonza , peón , trompa, besbella...)
Realizamos unha morea de xogos!!!







Búscase. As súas características son :
- Aparece polo San Martiño.
- Non para de bailar.
-Vai acompañado dunha corda.
-Ten un pé de ferro moi perigoso....


ADIVIÑA - ADIVIÑANZA

Para bailar póñome a capa
para bailar vólvoa quitar
para bailar necesito capa
porque con capa non podo bailar.


Realizamos uns trompos pegando anacos de papeis de cores cunha palliña.



Mira , mira !!!






RIMAS
- A peonza parece unha onza ( Lola 5 anos )
- A besbella è bela ( Sofía 5 anos )
- A avoa Manola ten unha pirinola ( Aroa e Xiara 5 anos )
- O peón parece un perón ( Xián 5 anos )
- A trompa baila coma unha tola ( Lola 5 anos )
- Caramiñolas , chuches tolas ( Sofía 5 anos )
- Caramiñolas que parecen caracolas ( Xiara ) de gominolas ( Lola )
- Peón meón , peonza meona. ( Loal 5 anos )

Nos momentos de T.I.C


Coloreamos trompos no ordenador - preme AQUÍ



E practicamos o tiro coa trompa cun xogo que nos encantou - preme AQUÍ



Así de ben locen os nosos traballiños na exposición de todo o cole.

















lunes, 7 de noviembre de 2011

Aló vai o samaín

Hai uns días , celebramos no cole as xornadas " pasámolo de medo ". Para a inauguración tivemos unha grata sorpresa : A Xanela do Machín !!! Unha compañía de monicreques que representou " Chincha Rabincha ".

Aprendemos unha canción para non ter medo neses días , ás veces , un pouco confusos para os máis peques.

No momento de P.E.L ( Proxecto estimulación da linguaxe ) traballamos o vocabulario relacionado co Samaín Ademais fixemos unhas pulseiras de morcegos do máis IN. Mira , mira !!!

Xa na aula de informática , no momento de T.I.C , aprendemos moitas cousas cuns xogos relacionados co tema : crebacabezas , formar parellas con vocabulario relacionado : cabazas ,bruxas , morcegos , lúa ,monstros....


Ademais escoitamos a canción do balie dos esqueletes , que podedes ver e escoitar máis abaixo , na " música da Carrilana "


Tal e como temos establecido na programación de psicomotricidade de infantil, levaranse a cabo diversos talleres de maquillaxe para traballar a psicomotricidade fina. Aproveitamos a festa de Samaín para maquillarnos dos seres máis terroríficos: vampiros, bruxas, arañas... Previamente buscamos información en internet e así saber como pintarnos...

Pasámolo de medo... je,je,je,je,je



viernes, 4 de noviembre de 2011

Ola,ola caracola!!!

Ola!!
Somos o alumnado de 3 anos.
E agora que xa pasaron os primeiros días de cole, algo difíciles para nós , comezamos a nosa andaina polo blog.



As fotos da presentación son realizadas polos nosos compis da aula de 4 anos no momento de T.I.C...

martes, 5 de abril de 2011

BOLBORETAS DIVERTIDAS

Coa chegada da primavera encontrámonos unhas bolboretiñas moi divertidas bailando unha muiñeira coa canción " O baile das bolboretas ".

lunes, 21 de marzo de 2011

DÍA DA POESÍA E...

Hoxe, 21 de marzo, celebramos a chegada da primavera; pero tamén o DÍA DA POESÍA e o DÍA DA ÁRBORE.


Se esta data sempre é importante, este curso escolar, aínda máis por ser O ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES.


Para celebralo, na sesión de P.E.L traballamos a poesía " una historia " de Manuel F. Xuncos.


Primeiro en relación ao propio corpo...








En relación aos obxectos, recordamos como fixemos para plantar os nosos castiñeiros. Dentro de moi pouco levarémolos ao noso horto escolar. Algúns xa van moi altos !


E por último , sobre o espazo - papel.


lunes, 14 de marzo de 2011

REGALAMOS O NOSO AMOR

Ola,
Somos o alumnado da aula de 5 anos. Queremos compartir uns vídeos que nos enviaron ao noso correo Yanira e a súa mamá. Son para pensar sobre os efectos de moitos dos nosos actos no planeta.

Aquí vos deixamos os que que máis nos gustaron á maioría , despois dunha discutida votación .
Algúns deles mesmo nos emocionou tanto que nos fixeron chorar.

Esperamos que tamén vos emocionen e sobre todo que vos axuden a entender que A TERRA SOMOS TODAS E TODOS.

E recorda... se os animais poden , nós tamén.

Moitas grazas a Soraya por compartir estes fermosos vídeos con todas e todos nós.

RECICLAR E AFORRAR ENERXÍA:




AS BOLSAS DE PLÁSTICo



PARA OS MÁIS GRANDES


viernes, 4 de marzo de 2011

O BOSQUE ENCANTADO

Hoxe festexamos o Entroido dun xeito moi especial. Todo o alumnado do cole xuntámonos para representar unha fermosa historia composta pola profe Domi. Despois degustamos os postres típicos que nos trouxeron as mamás e papás. Moitas grazas!!!



HISTORIA
Naquel patio de Freixeiros unha vez, unhas sementes que durmían entre a terra comezaron a brotar.
Eran árbores pequechas, por elas pasou o tempo: o verán quenceu as copas que morreron en outono e fixeron de sustento aos moradores de alí.
Unha nova primavera veulles dar un empurrón.
Aquel era un bosque denso,coma os que teñen os contos, precioso, vivo e inmenso. Robin Hood lanzando frechas, bruxas malas fan pocións, fadas e trasnos faranas parar.
Máis unha tarde sen chuvia todo quedou en silencio,nomáis que podían oirse das escopetas e os berros.
Fuxiron todos de alí, non era lugar seguro...
Chegaron os gnomos e fadas con ganas de diversión e dotes de encantamento,que fixeron un repaso naquela desolación.
Con polvos e con variñas e toque de imaxinación, aquel mundo vexetal voltou todo ao seu lugar.

miércoles, 2 de marzo de 2011

SOMOS OS ANIMALIÑOS !!! SHHHH!!!

Ola ,somos as nenas e os nenos de 4 anos. Estamos na aula de informática e queremos compartir estas fotos que sacamos a uns animaliños que atopamos no cole.

A profe Elena , que vai de ratiña presumida , ten medo entre tanto gato...miaaaaau!!

martes, 1 de marzo de 2011

Quen quere un bico ?

Cada 14 de febreiro celebramos San Valentín ?
Investigamos en internet e agora sabemos que hai moitos, moitos anos ( 270 d.C ) o emperador romano, Claudio III, non deixaba casar aos namorados. Pensaba que os soldados que non tiñan parella e fillos eran mellores para defender Roma porque non estaban emocionalmente ligados a eles.
Valentín, un bispo non contento coa noticia, casa os mozos en segredo. Cando Claudio o descobre mátao un 14 de febreiro. Dende entón, San Valentín é o patrón do amor e a amizade.
Aínda que nesta data o recordamos, celebrámosvolo todos os días do ano. E, neste curso dun xeito moi especial.
Por un lado, estamos un pouco tristes porque marchou Iria ( aula 3 anos )para Irlanda.
Pero tamén temos tres amiguiñas novas: Dara ( aula 3 anos ) e Amaia ( aula 5 anos ) de Irlanda , e Victoria ( aula 5 anos ) de Málaga.
Así de ben recibímolas coa nosa particular montaña de cariño cheo de abrazos.

Falamos do noso amor a un noivo, compañeiro, amiga, avoa, mamá, papá, irmá...
Mira a quen nos apetecía darlle un bico despois dunha longa conversación...

Ademais fixemos uns marcapáxinas e uns crebacabezas moi orixinais.