lunes, 26 de abril de 2010

TEMOS VERMES DE SEDA !

Hai uns días o noso amigo Uxío ( aula 4 anos ) chegou ao cole cunha sorpresa: Ovos de vermes de seda! para compartir con todas / os.
Ter mascotas na aula é moi divertido pero tamén supón unha responsabilidade: coidalos, darlles de comer... Pero grazas a iso podemos investigar a evolución destes bichiños pequeniños, xogar a pensar porqué comen unha cousa e a outra non...
Aquí deixámosvos unhas fotiños dos nosos novos compañeiros de viaxe con Uxío.
Manterémosvos informados...




sábado, 24 de abril de 2010

23 DE ABRIL : DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

E chegou o gran día...
Por fin chegou o día da sorpresa : APARECEMOS NO COLE VESTIDOS DE PERSONAXES DE CONTO! e como broche final as nosas profes leváronnos á biblioteca de centro e tivemos uns contacontos fantásticos: A ratita presumida ,pocahontas e Peter Pan!

Mira , mira:
Glitterfy.com - Glitter Graphics







Dentro de moi pouco subiremos as recomendacións dos nosos contos, comic ,libros de poesía ... favoritos que estivemos a elaborar estes días. Mentres ,compartimos estas bonitas declaracións e coas que reflexionamos da importancia de festexar este día tódolos días.


Custom Birthday Card

viernes, 23 de abril de 2010

FLORES DE CORES

Con motivo do día do libro o alumnado de infantil fixémoslle un regalo a todas esas historias que nos gustan tanto, que nos divirten , fan rir...aínda que ás veces tamén nos entristecen:
Unhas fermosas flores!!! cheas de pétalos con boas intencións e positivas frases dedicadas aos nosos contos favoritos .
Así de ben locen na porta clase.




miércoles, 21 de abril de 2010

BICHIÑOS PEQUENIÑOS

Ás nenas e nenos de tres anos gústanos moito a canción " bichiños pequeniños " ( de mamá cabra).Esta mañá no momento de psicomotricidade aprendemos a movernos como eles.
Tamén nos acompañou o conto " a abella traballadora " no que aparecían estes animalitos tan singulares e bailaban ao ritmo da música.

Aquí deixámosvos o conto que fixemos:



CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Xa falta pouco para que se celebre en todo o mundo o día do libro ( Venres 23 de abril ) Para conmemorar este día o alumnado de educación infantil estamos a preparar unha sorpresa " de conto ", shhhh!!! é un segredo...

Mentres non chega o día deixámosvos algunhas cousiñas que estamos a traballar....

ROSA CARAMELO


( ver en etiqueta " OS CONTOS DA CARRILANA " )

Esta semana a profe Elena contounos unha historia de elefantes que nos gustou moito.
A nosa versión do conto :


martes, 20 de abril de 2010

Benvida Naira

Como xa sabedes, na aula de 3 anos temos unha amiga nova.



Chámase Naira e así de ben recibímola cunha particular montaña do cariño chea de abrazos.


lunes, 19 de abril de 2010

PREMIO BLOG MÁGICO

A nosa amiga Marta do blog http://coledecolores.blogspot.com concédenos este lindo premio.



As condicións son pasárllelo a seis blogs que consideres máxicos e
nós enviámosllo a:

- Maite de " pan con nocilla ".
- Maria de " historias de mi cole ".
- Raquel de "la clase de Luna ".
- Doces sorrisos .
- Olga de "el rincón de la maestra ".
- Os pícaros de Vane.

domingo, 18 de abril de 2010

O CARANGUEJO - Alumnado 5 anos

Compartimos con todas/os unha das nosas sesións de música. Neste caso a interpretación dunha danza seguindo movementos establecidos co obxectivo de mellorar a coordinación espazo - temporal, traballar nocións básicas de orientación, expresión corporal, sentimentos... pero sobre todo gozar participando na actividade.

PARTE I


PARTE II


Grazas a Mercedes Prieto por ensinarnos esta danza tan fermosa ao profesorado nas xornadas de expresión corporal " bailomundo "

viernes, 16 de abril de 2010

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE

Aquí tedes algunhas fotiñas da festa de aniversario que fixemos ao alumnado que cumpriu anos no segundo trimestre.


lunes, 12 de abril de 2010

O alumnado de educación infantil de 4 anos traballamos a poesía coa profe Sela e inventamos este fermoso poema.

XOGAR COA LÚA

CORRE GATIÑO,
GATIÑO CORRE,
GATIÑO VEN VER
O ARCO DA VELLA.

ALÍ HAI O VERDE,
VERMELLO E LARANXA,
E ALÍ ATOPAREMOS
UN TOBOGÁN QUE BAIXA.

VEREMOS A HERBA,
TAMÉN AS ESTRELAS,
VEREMOS A LÚA
PARA XOGAR CON ELA.

CORRE GATIÑO,
GATIÑO CORRE,
QUE O SOL BRILLA
NO ARCO DA VELLA.

ALÍ HAI O VERDE,
VERMELLO E LARANXA,
A ALÍ TOPAREMOS
UN TOBOGÁN QUE BAIXA.

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

PREMIO BLOG VIP

A nosa amiga Marta do blog " cole de colores " concedeunos este precioso premio.
As condicións son contar sete cousas sobre min e pasárllelo a sete blogs amigos.





- Encántame estar coa miña familia.
- Gústame viaxar.
- Adoro o meu traballo e conversar cos meus peques.
- A miña mascota é unha tartaruga " Rosita " ( herdanza do cole de Louro )
- Gústanme moitas cores pero a miña favorita é o rosa con topitos brancos.
- Encántame comer.
- Viveiro e as súas praias é o sitio do meu recreo

E os blogs son os seguintes:
- Olga " el rincón de la maestra "
- Pati y Jose Carlos " a nosa clñase "
- Bea " cousas de peques "
- Escola infantil de Quintela.
- Migallas de Catoira.
- Chus de " formigas"
- María de " historias de mi cole "

miércoles, 7 de abril de 2010

O alumnado de 4 anos canta " a xaneliña "

Nos momentos de música encántanos investigar e coñecer cancións doutras culturas e países. Unha das nosas favoritas é esta canción de berce recollido no " cancionero infantil del papagayo. Brasil e Portugal " Esperamos que vos guste

martes, 6 de abril de 2010

UN PREMIO CHULI!

A profe Marta deixounos este premio tan chuli no seu blog " cole de colores ".
Moitas gracias