sábado, 11 de diciembre de 2010

INVESTIGANDO EL AGUA.COM

Un dos obxectivos da programación de Novas Tecnoloxías na Educación Infantil é o manexo de diversos programas. Xa traballamos con algúns que nos resultaron moi divertidos: Ardora, Jclic... Neste caso creamos un proxecto de actividades Hot Potatoes " investigando el auga. com " que parte dun conto " Pinga Sisí, a molécula viaxeira " de Elena Méndez.
É un conxunto de actividades relacionadas co proxecto que andamos a investigar na aula: A AUGA, e que nos axudan de forma lúdica a integrar todo o que descubrimos.

ACTIVIDADES HOT POTATOES
Preme na pinga Sisí

martes, 30 de noviembre de 2010

PLANTAMOS UNHA CASTAÑA

Plantamos unha castaña para que naza un castiñeiro. Cando medre un pouco cada nena e neno plantarémolo no noso monte para ter un souto.
PRECISAMOS :

COMO FIXEMOS:
Comprobamos as que valían de semente . Experimentamos e investigamos o motivo polo cal as castañas que flotaban na AUGA non serven. Abrimos unha e… ¡ sopresa ! un vermiño. Chegamos á conclusión de que flotaban porque estaban baleiras. O noso amigo o verme tiña moita famiña…
Decoramos os cartóns , plantamos as castañas e agora, agardar a que medre….


miércoles, 24 de noviembre de 2010

A COMPOSICIÓN DA AUGA

Este ano comezamos descubrindo cousiñas novas.
Andamos a investigar nun novo proxecto “ A AUGA ”. En psicomotricidade fixemos un xogo para integrar un pouquiño máis a composición da auga.
COMO FIXEMOS

A XOGAR

sábado, 13 de noviembre de 2010

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS Ó CAMIÑO.

Cada 11 de novembro ( San Martiño ) celebramos no cole " o día do trompo ". Con esta conmemoración preténdese a recuperación dos xogos populares. Dende a sesión semanal do P.E.L ( proxecto estimulación da linguaxe oral ) xogamos a adiviña adiviñanza e realizamos uns preciosos trompos pegando anacos de papeis de cores cunha palliña.


ADIVIÑA ADIVIÑANZA

BAILARÍN PANZÓN
QUE GIRA DEPRISA
POR TODO EL SALÓN.
ZUMBANDO UN , DOS , TRES ,
VOLTEA EN LA PUNTA
DE SU SOLO PIE.
AL DARLE EL MAREO ,
SALTA Y , DANDO TUMBOS ,
SE ACUESTA EN EL SUELO.
SIN MUCHO ESPERAR ,
SE CUBRE SU PANZA
¡ OTRA VEZ A BAILAR !





No momento de psicomotricidade bailamos os peóns e aprendemos un baile coa canción que nos propuxo o profe Daniel da asociación brinquedia “ como trompo ”

SABEDES ESTA ?

para bailar póñome a capa
para bailar vólvoa quitar
para bailar necesito capa
porque con capa non podo bailar.

martes, 9 de noviembre de 2010

COCIÑA DE MEDO

Hai uns días celebramos no colexio o Samaín. Unha das actividades que realizamos na aula foi preparar unha merenda terrorífica.
Mira o MENÚ:
- VASOIRAS DE BRUXA.
- DEDOS.
- TORTA DE PANTASMA.
- MIOLOS DE MONO.
Puxémonos as botas!

A FESTA DOS FROITOS

O pasado 21 de outubro celebramos a festa dos froitos do outono. Durante varios días estivemos a ver e probando diferentes froitos do outono: como se chaman e como se escriben, observamos as cores predominantes, clasificámolos en secos e carnosos...
E fixemos uns espetos que estaban moi bos

viernes, 5 de noviembre de 2010

Cuento : el viaje de Kirima

O obxectivo fundamental é concienciar acerca da problemática do cambio climático e dotar ao alumnado de estratexias para a busca de solucións, abranguendo aspectos relacionados co aforro de enerxía, o consumo responsable, a reciclaxe ou a reutilización de produtos. O propósito final é que os destinatarios adquiran hábitos que respecten o medio.

miércoles, 16 de junio de 2010

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O pasado 24 de maio fomos de excursión á Coruña


Chegamos con tanta famiña que o primeiro que fixemos foi merendar.


visitamos o planetario, que está na casa das ciencias.


Fixemos outra parada para comer...


E por fin … A casa dos peixes!


encantounos ver toda clase de peixes nadando a noso arredor.
E de volta á casa... shhhhhhh!

jueves, 10 de junio de 2010

ANIVERSARIO 3º TRIMESTRE




Tivemos unha grata sorpresa: a visita das nenas e nenos da escola de Tal!!! e celebrámolo xuntos.

miércoles, 9 de junio de 2010

A FESTA DA LINGUA

O pasado 17 de maio celebramos na nosa comunidade " o día das letras galegas " adicado a ...

No cole , festexamos o día da nosa lingua o xoves día 13 de maio cun fantástico festival.

O alumnado de educación infantil adaptamos e representamos o poema " Chove para que eu soñe "
CHOVE PARA QUE EU SOÑE:
PRÍNCIPES , PRINCESAS
TORTAS DE GALLETAS
VOAR , VIAXAR
COÑECER ESTRELAS E PLANETAS
CON MÚSICA
CON TOCAR TAMBORES E TROMPETAS
CON DEBUXOS
CON LIBROS DIVERTIDOS
DRAGÓNS , DINOSAUROS , BRUXAS E CABALOS
COS MEUS AMIGOS

SOÑAMOS EN GALEGO ¡

Para coñecer un pouquiño máis o escritor fixemos o libro de actividades proposto na web “ Seminario Galán “.
Na aula de informática xogamos coas actividades Jclic da mesma web.


Tamén traballamos con algún conto de Uxío Novoneyra elaborado polo colexio Ceip Frian – Teis. (ver etiqueta: actividades lim da dereita )