miércoles, 21 de marzo de 2012

AS MANS EN ALTO

Pero que ben nolo pasamos realizando o lip dup para celebrar o día da PAZ 2012!!! .
 Grazas ao gran traballo do noso equipo directivo ( Gonzalo, Domi e Luis ) quedounos así de fermoso.

martes, 20 de marzo de 2012

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Dentro do programa de estimulación da linguaxe realizamos exercicios a través do xogo. Así, están motivados mentres favorecen a súa linguaxe.
 Nas sesións da semana pasada traballamos co conto " Carapuchiña vermella " OBXECTIVOS: - Aumentar o nivel de atención. - discriminar auditivamente sons do medio. - Reproducir onomatopeas. - Potenciar o sopro. - Ampliar o léxico. ACTIVIDADES: - Deitados na asemblea relaxámonos con sons do bosque. Escoitamos a lectura do conto, aínda deitados.
 - Realizamos respiracións, facendo que uliamos as flores do bosque.
- Fixemos sopros con pelotas de papel en camiños de plastilina, un longo e outro curto, que son os que collen carapuchiña e o lobo para chegar á casa da avoa.

- Imitamos as expresións dos personaxes do conto ( preocupación, medo, furia, felicidade... )
-
- Identificamos e imitamos as onomatopeas do conto ( o vento, os paxaros ,la escopeta... )
 - Praxias linguais ( Carapuchiña é a lingua, a boca é o bosque e os dentes as árbores )
 - Traballamos co vocabulario: describindo a roupa que levaban os personaxes e inventando outros finais á historia. 
Outros finais propostos polo alumnado son: Alumnado 5 anos “Capapuchiña e o lobo encóntranse na casa da avoa. O cazador escoita os berros e foi a mirar á casa e ver o que pasaba. Encontrouse o lobo que andaba por aí solto e chamou a policía. A policía colleu o lobo e encerrouno no cárcere. Ao final Carapuchiña queda coa súa avoíña e co seu avó a merendar. ”
 Alumnado 4 anos: Alba Carou :” Peléxanse, despois saen doridos e van para o hospital. Ao lobo dálle un infarto e morre. resucita e come todos. ”
 Xabi Martinez: “O lobo e Carapuchiña peléxanse e despois dun tempo fanse amigos e tamén noivos. Fan unha voda e fanse compañeiros. ”
 Leo: “O lobo e Caperucita fanse amigos e a avoa dálles galletas ”
 Lois Muñoz :” E fanse amigos e comen na casa da avoa. ”
 Xabi Figueiras: “E vanse todos ao parque. ”
 Dara : “ y en el sofá ven una peli los tres ”
 Bárbara : “Pasearon e durmiron na cama e tamén foron comprar chuches. ”

lunes, 19 de marzo de 2012

TALLER DE XOGOS TRADICIONAIS

Nos momentos de psicomotricidade realizamos un taller de xogos tradicionais. Montamos un recanto no ximnasio " RECANTO DE XOGOS POPULARES " .

Decoramos as mesas, o cartel , as caixas e realizamos os xogos: chapas, buxainas, birlos, bob esponxa, raquetas.