jueves, 9 de mayo de 2013

SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS

Sentados en asemblea eliximos a dous nen@s. Entre todos deben encontrar diferenzas e semellanzas que existen entre eles.
3 anos
PABLO/DANIELA
DANIELA: “ Pablo ten o pelo negro e eu teño o pelo amarillo ”
IVÁN: “ Pablo ten o pelo negro e Daniela ten o pelo rubio”
PABLO: “ A miña cara é igualita que a de Daniela ”
AARÓN: “ Daniela ten a pel amarela e Pablo marrón”
AINHOA/SARA
PABLO:” Ainhoa ten o pelo negro e Sara marrón ”
DANIELA:” Ainhoa é máis alta que Sara ”
SAMUEL/CARMEN
DANIELA:” Carmen ten o pelo longo e Samuel curto ”
MIRIAM: “ Carmen é chica e Samuel é chico ”
GABRIEL/MIRIAM
PABLO: “ Gabriel ten o pelo longo e amarillo e Miriam negro ”
5 anos
ALBA/LOIS M.
DARA: “ Que Alba es una chica y Lois es un chico”
NICOLÁS:” Que Alba ten o pelo diferente ”
PROFE: “ E como o ten ?
NICOLÁS : “ De color marrón e Lois negro “
LOIS GARCÍA: “ Non, é castaño.”
ALBA CAROU: “ Eu no verán téñoo claro e no inverno escuro ”
LOIS M.: “ E por que ?’”
ALBA CAROU : “ Non sei, será porque no verán dálle o sol e verase mellor ”
IAGO:” Os dous teñen mandilóns diferentes, un azul e outro rosa ”
IVÁN :” Que Alba ten botas e Lois ten zapatos ”
DARA/CARLA
LOIS M. :” O pelo de Dara é …”
ANXO:” clariño…”
IAGO: “ é rubio…”
LOIS M. :” é claro e o de Carla escuro ”
LOIS GARCÍA: “ Os ollos, porque Dara os ten azuis. ”
DARA: “ Non, eu téñoos verdes”
LOIS GARCÍA:” E Carla marróns ”
IVÁN:”Dara ten o pelo amarillo e Carla marrón ”
BÁRBARA:” Dara ten chándal e Carla pantalón vaquero ”
ALBA CAROU:” Carla ten falda e Dara non ”
IVÁN:” Pero iso é do disfraz ”
GUILLERMO/ NICOLÁS
GUILLERMO:” Nicolás tiene los ojos marrones y yo azules ”
NICOLÁS:” O pelo de Guillermo é negro ”
TOD@S:” Non, é rubio! ”
DARA:”Rubio como o meu”
NICOLÁS:” Vale, amarillo e eu negro “
PEDRO:” Nicolás no tiene el pelo igual que Guillermo ”
XABI FIGUEIRAS:” Xa o dixen eu ”
PEDRO:” Bueno, que Guillermo no tiene el mismo pantalón que Nicolás ”
LEO:” Guillermo ten a cara clara e Nico un pouco escura ”
PEDRO/LEO
ANXO:” Pedro non ten igual os zapatos que Leo”
XABI FIGUEIRAS:” Leo ten gafas e Pedro non”
ALBA GARCÍA:” Leo ten os ollos azuis e Pedro marróns”
CARLA:” Leo é máis grande que Pedro”
DARA:” Es que cumple antes ”
BÁRBARA:” Leo ten pantalón negro con rayas blancas e Pedro azuis. Pedro:”Claro, tengo gimnasia” ALBA CAROU:” Azul marino”
PEDRO:”No son marinos , claro que no”
ALBA CAROU:” Que Pedro fala castellano e Leo non”
XABI:” Que Leo ten o mandilón máis azul que Pedro ”
DARA:” Leo non ten cordones y Pedro sí”
XABI:” Que Pedro ten as pernas morenas e Leo non”

jueves, 7 de marzo de 2013

TODOS SOMOS DIFERENTES

Con Cirilo o crocodilo pretendemos que cada nena e neno consiga alcanzar unha imaxe axustada e positiva de si mesmo identificando as súas características e calidades persoais así como as súas limitacións. Despois da lectura do conto o alumnado de 3 anos debuxou a Cirilo ao seu gusto e así xurdiron todos estes Cirilos diferentes.

jueves, 28 de febrero de 2013

CIRILO EL COCODRILO

Co obxectivo de favorecer o crecemento do noso alumnado nun ambiente de interrelación cultural traballaremos co conto " CIRILO EL COCODRILO " Cóntanos a historia dun crocodilo que se sente triste por non ser igual aos demais. Pero Rosa, unha simpática osa, ten preparada unha divertida sorpresa que fará que o noso amigo se sinta feliz e se decate que ser diferentes nos fai únicos. AUTORA:ALMUDENA TABOADA ILUSTRACIONES: ADRIANA RIBÓ EDITORIAL: S.M

jueves, 14 de febrero de 2013

SAN VALENTÍN 2013

Todos nos facemos vellos, é lei de vida. Pero a beleza non morre cos anos, simplemente se transforma. Hoxe, 14 de febreiro , San Valentín, traballamos na aula co conto : AVÓS de Kalandraka. Unha historia romántica e poética repleta de metáforas encadeadas. Deixámosvos unha presentación duns debuxos sobre esta fermosa historia de amor.