jueves, 17 de febrero de 2011

Wangari Maathai e o día da PAZ

O venres 28 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e a non violencia. Houbo actuacións, recitado de poemas, presentacións dixitais...
Moitos dos traballos foron expostos no corredor do colexio.
O alumnado de infantil traballamos o poema

Ademais coñecemos a vida de WANGARI MAATHAI " Premio nobel da paz 2004 "



A través dun fermoso conto que nos encantou

Buscamos información de Kenya no ordenador

No ximnasio aprendemos unha coreografía que titulamos " plantando árbores " coa canción africana OLELÉ. Aquí deixamos o karaoke por se queredes aprendela



e finalmente pintamos a historia de Wangari

lunes, 14 de febrero de 2011

QUEN DIXO QUE OS DÍAS DE CHOIVA SON ABURRIDOS ?

Na educación infantil utilízanse moitos recursos para traballar a TIC ,de maneira que o alumnado aprende á vez que se divirte.
Un bo exemplo é a nosa adaptación do conto " Mola que chova " de Renata Otero co programa Power Point. Fixemos os decorados, sacamos as fotos, gravamos as voces, aprendemos e cantamos a canción final, puxémoslle música de fondo... En resumo, pasámonolo ao grande!!!

Esperamos que desfrutes da chuvia....