martes, 28 de febrero de 2012

Día da amizade

Outro ano é 14 de febreiro e celebramos San Valentín.

Investigamos e agora sabemos que hai moitos, moitos anos ( 270 d.C ) o emperador romano, Claudio III, non deixaba casar aos namorados. Pensaba que os soldados que non tiñan parella e fillos eran mellores para defender Roma porque non estaban emocionalmente ligados a eles.
Valentín, un bispo non contento coa noticia, casa os mozos en segredo. Cando Claudio o descobre mátao un 14 de febreiro. Dende entón, San Valentín é o patrón do amor e a amizade.
Aínda que nesta data o recordamos, celebrámosvolo todos os días do ano.

E esta é a nosa visión da historia de San Valentín.







Falamos do noso amor a un noivo, compañeiro, amiga, avoa, mamá, papá, irmá...






No hay comentarios:

Publicar un comentario