martes, 22 de mayo de 2012

ARTURO Y CLEMENTINA

O 8 de marzo ( día internacional da muller ), máis que un día de homenaxe é un día de reflexión acerca do importante rol que desempeña a muller en cada ámbito da vida.
Un dos contos que máis me gusta para traballar a igualdade de xénero é o de " Arturo e Clementina " Editorial Lumen.
preme na imaxe
Presentámosvos o conto " Arturo e Clementina " elaborado polo alumnado de 3, 4 e 5 anos de Esteiro.
Divertímonos moito facendo aos protagonistas en plastilina , elixindo a música , gravando e escoitando as nosas voces ...
Esperamos que vos guste ... 
                         
 Compartimos os Arturo e Clementina que fixo Sofía na casa coa súa mamá. E así de contenta nolo ensina aos compañeiros...








1 comentario:

  1. Encántame o conto de Arturo e Clementina, e contado polos nosos pequenos...mais aínda. Espero que disfrutarades tanto coma nós cos de plastelina que fixo Sofía. Gustoume moito vela nas fotos ensinándovolos...gracias.

    ResponderEliminar