viernes, 4 de marzo de 2011

O BOSQUE ENCANTADO

Hoxe festexamos o Entroido dun xeito moi especial. Todo o alumnado do cole xuntámonos para representar unha fermosa historia composta pola profe Domi. Despois degustamos os postres típicos que nos trouxeron as mamás e papás. Moitas grazas!!!



HISTORIA
Naquel patio de Freixeiros unha vez, unhas sementes que durmían entre a terra comezaron a brotar.
Eran árbores pequechas, por elas pasou o tempo: o verán quenceu as copas que morreron en outono e fixeron de sustento aos moradores de alí.
Unha nova primavera veulles dar un empurrón.
Aquel era un bosque denso,coma os que teñen os contos, precioso, vivo e inmenso. Robin Hood lanzando frechas, bruxas malas fan pocións, fadas e trasnos faranas parar.
Máis unha tarde sen chuvia todo quedou en silencio,nomáis que podían oirse das escopetas e os berros.
Fuxiron todos de alí, non era lugar seguro...
Chegaron os gnomos e fadas con ganas de diversión e dotes de encantamento,que fixeron un repaso naquela desolación.
Con polvos e con variñas e toque de imaxinación, aquel mundo vexetal voltou todo ao seu lugar.

1 comentario:

  1. Unha representación estupenda¡ Foi moi fermoso ver a todos os nenos e nenas do cole participando xuntos cun tema como o coidado da natureza. Un 10 para todos. Bikos

    ResponderEliminar