martes, 26 de enero de 2010

MENIÑOS DE TODAS AS CORES

Unha fermosa historia de nenas e nenos no mundo.



Era unha vez un meniño branco, chamado Miguel , que vivía nunha terra de meniños brancos e dicía:
É BO SER BRANCO
PORQUE É BRANCO O AZUCRE , TAN DOCE
PORQUE É BRANCO O LEITE , TAN SABOROSO
PORQUE É BRANCA A NEVE , TAN LINDA.

Pero certo día o meniño partiu nunha grande viaxe e chegou a unha terra onde todos os meniños son amarelos. Fixo unha amiga , chamada Flor De Loto que , como todos os meniños amarelos , dicía:
É BO SER AMARELO
PORQUE É AMARELO O SOL
É AMARELO O XIRASOL
MÁIS A AREA AMARELA DA PRAIA.

O meniño branco meteuse nun barco para continuar a súa viaxe e parou nunha terra onde todos os meniños son negros. Fíxose amigo dun pequeno cazador, chamado Lumumba que , con outros meniños negros, dicía :
É BO SER NEGRO
COMO A NOITE
NEGRO COMO AS OLIVAS
NEGRO COMO AS ESTRADAS QUE NOS LEVAN A TODAS PARTES.

O meniño branco entrou despois nun avión, que só parou nunha terra onde todos os meniños son vermellos. Escolleu, para brincar aos indios, un meniño chamado Pena De Águia, e o meniño vermello dicía:
É BO SER VERMELLO
DA COR DAS FOGUEIRAS
DA COR DAS CEREIXAS
E DA COR DO SANGUE BEN ENCARNADO.

O meniño branco foi correndo mundo ate unha terra onde todos os meniños son castaños. Facía corridas de camelo cun meniño chamado Alí Babá , que dicía:
É BO SER CASTAÑO
COMO A TERRA DO CHAN
OS TRONCOS DAS ÁRBORES
É TAN BÓ SER CASTAÑO COMO O CHOCOLATE.

Cando o meniño voltou á súa terra de meniños brancos , dicía :
É BO SER BRANCO COMO O AZUCRE
AMARELO COMO O SOL
VERMELLO COMO AS FOGUEIRAS
NEGRO COMO AS ESTRADAS
CASTAÑO DA COR DO CHOCOLATE.

E , mentres na escola , os meniños brancos pintaban en follas brancas deseños de meniños brancos , el facía grandes rodas con meniños sorrintes de todas as cores.

Luísa Ducia Soares

No hay comentarios:

Publicar un comentario