jueves, 28 de febrero de 2013

CIRILO EL COCODRILO

Co obxectivo de favorecer o crecemento do noso alumnado nun ambiente de interrelación cultural traballaremos co conto " CIRILO EL COCODRILO " Cóntanos a historia dun crocodilo que se sente triste por non ser igual aos demais. Pero Rosa, unha simpática osa, ten preparada unha divertida sorpresa que fará que o noso amigo se sinta feliz e se decate que ser diferentes nos fai únicos. AUTORA:ALMUDENA TABOADA ILUSTRACIONES: ADRIANA RIBÓ EDITORIAL: S.M

jueves, 14 de febrero de 2013

SAN VALENTÍN 2013

Todos nos facemos vellos, é lei de vida. Pero a beleza non morre cos anos, simplemente se transforma. Hoxe, 14 de febreiro , San Valentín, traballamos na aula co conto : AVÓS de Kalandraka. Unha historia romántica e poética repleta de metáforas encadeadas. Deixámosvos unha presentación duns debuxos sobre esta fermosa historia de amor.