martes, 30 de noviembre de 2010

PLANTAMOS UNHA CASTAÑA

Plantamos unha castaña para que naza un castiñeiro. Cando medre un pouco cada nena e neno plantarémolo no noso monte para ter un souto.
PRECISAMOS :

COMO FIXEMOS:
Comprobamos as que valían de semente . Experimentamos e investigamos o motivo polo cal as castañas que flotaban na AUGA non serven. Abrimos unha e… ¡ sopresa ! un vermiño. Chegamos á conclusión de que flotaban porque estaban baleiras. O noso amigo o verme tiña moita famiña…
Decoramos os cartóns , plantamos as castañas e agora, agardar a que medre….


miércoles, 24 de noviembre de 2010

A COMPOSICIÓN DA AUGA

Este ano comezamos descubrindo cousiñas novas.
Andamos a investigar nun novo proxecto “ A AUGA ”. En psicomotricidade fixemos un xogo para integrar un pouquiño máis a composición da auga.
COMO FIXEMOS

A XOGAR

sábado, 13 de noviembre de 2010

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS Ó CAMIÑO.

Cada 11 de novembro ( San Martiño ) celebramos no cole " o día do trompo ". Con esta conmemoración preténdese a recuperación dos xogos populares. Dende a sesión semanal do P.E.L ( proxecto estimulación da linguaxe oral ) xogamos a adiviña adiviñanza e realizamos uns preciosos trompos pegando anacos de papeis de cores cunha palliña.


ADIVIÑA ADIVIÑANZA

BAILARÍN PANZÓN
QUE GIRA DEPRISA
POR TODO EL SALÓN.
ZUMBANDO UN , DOS , TRES ,
VOLTEA EN LA PUNTA
DE SU SOLO PIE.
AL DARLE EL MAREO ,
SALTA Y , DANDO TUMBOS ,
SE ACUESTA EN EL SUELO.
SIN MUCHO ESPERAR ,
SE CUBRE SU PANZA
¡ OTRA VEZ A BAILAR !





No momento de psicomotricidade bailamos os peóns e aprendemos un baile coa canción que nos propuxo o profe Daniel da asociación brinquedia “ como trompo ”

SABEDES ESTA ?

para bailar póñome a capa
para bailar vólvoa quitar
para bailar necesito capa
porque con capa non podo bailar.

martes, 9 de noviembre de 2010

COCIÑA DE MEDO

Hai uns días celebramos no colexio o Samaín. Unha das actividades que realizamos na aula foi preparar unha merenda terrorífica.
Mira o MENÚ:
- VASOIRAS DE BRUXA.
- DEDOS.
- TORTA DE PANTASMA.
- MIOLOS DE MONO.
Puxémonos as botas!

A FESTA DOS FROITOS

O pasado 21 de outubro celebramos a festa dos froitos do outono. Durante varios días estivemos a ver e probando diferentes froitos do outono: como se chaman e como se escriben, observamos as cores predominantes, clasificámolos en secos e carnosos...
E fixemos uns espetos que estaban moi bos

viernes, 5 de noviembre de 2010

Cuento : el viaje de Kirima

O obxectivo fundamental é concienciar acerca da problemática do cambio climático e dotar ao alumnado de estratexias para a busca de solucións, abranguendo aspectos relacionados co aforro de enerxía, o consumo responsable, a reciclaxe ou a reutilización de produtos. O propósito final é que os destinatarios adquiran hábitos que respecten o medio.