miércoles, 16 de junio de 2010

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O pasado 24 de maio fomos de excursión á Coruña


Chegamos con tanta famiña que o primeiro que fixemos foi merendar.


visitamos o planetario, que está na casa das ciencias.


Fixemos outra parada para comer...


E por fin … A casa dos peixes!


encantounos ver toda clase de peixes nadando a noso arredor.
E de volta á casa... shhhhhhh!

jueves, 10 de junio de 2010

ANIVERSARIO 3º TRIMESTRE




Tivemos unha grata sorpresa: a visita das nenas e nenos da escola de Tal!!! e celebrámolo xuntos.

miércoles, 9 de junio de 2010

A FESTA DA LINGUA

O pasado 17 de maio celebramos na nosa comunidade " o día das letras galegas " adicado a ...

No cole , festexamos o día da nosa lingua o xoves día 13 de maio cun fantástico festival.

O alumnado de educación infantil adaptamos e representamos o poema " Chove para que eu soñe "
CHOVE PARA QUE EU SOÑE:
PRÍNCIPES , PRINCESAS
TORTAS DE GALLETAS
VOAR , VIAXAR
COÑECER ESTRELAS E PLANETAS
CON MÚSICA
CON TOCAR TAMBORES E TROMPETAS
CON DEBUXOS
CON LIBROS DIVERTIDOS
DRAGÓNS , DINOSAUROS , BRUXAS E CABALOS
COS MEUS AMIGOS

SOÑAMOS EN GALEGO ¡

Para coñecer un pouquiño máis o escritor fixemos o libro de actividades proposto na web “ Seminario Galán “.
Na aula de informática xogamos coas actividades Jclic da mesma web.


Tamén traballamos con algún conto de Uxío Novoneyra elaborado polo colexio Ceip Frian – Teis. (ver etiqueta: actividades lim da dereita )

sábado, 5 de junio de 2010

PINTAMOS COMO JACKSON POLLOCK

Investigamos o pintor estadounidense Jackson Pollock
( 28 xaneiro 1912 -11 agosto 1956 )

Coñecemos que o artista é considerado como un dos pintores máis importantes de Estados Unidos no século XX. Un referente do movemento " expresionismo abstracto ".

QUERES PINTAR COMO JACKSON POLLOCK ?
PICA NO ENLACE DA COLUMNA DEREITA.

Nós xa o fixemos na PDI...


Felicidades María

María do blog " libretas de colores " celebra 5000 visitas e quixo compartilo connosco.
Moitas Grazas polo selo tan bonito e por compartir o teu traballo!!




Dende " el sitio de mi recreo " desexámosche moitas felicidades.

miércoles, 2 de junio de 2010

LÚA LÚA SOL

Aquí deixamos o power point elaborado polo alumnado de 3 anos baseado no conto LÚA. Traballamos a poesía , realizamos os decorados con cartón e pintura, sacamos as fotos, gravamos as voces, a música e ... o resultado