martes, 26 de noviembre de 2013
jueves, 9 de mayo de 2013
SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS
Sentados en asemblea eliximos a dous nen@s. Entre todos deben encontrar diferenzas e semellanzas que existen entre eles.
3 anos
PABLO/DANIELA
DANIELA: “ Pablo ten o pelo negro e eu teño o pelo amarillo ”
IVÁN: “ Pablo ten o pelo negro e Daniela ten o pelo rubio”
PABLO: “ A miña cara é igualita que a de Daniela ”
AARÓN: “ Daniela ten a pel amarela e Pablo marrón”
AINHOA/SARA
PABLO:” Ainhoa ten o pelo negro e Sara marrón ”
DANIELA:” Ainhoa é máis alta que Sara ”
SAMUEL/CARMEN
DANIELA:” Carmen ten o pelo longo e Samuel curto ”
MIRIAM: “ Carmen é chica e Samuel é chico ”
GABRIEL/MIRIAM
PABLO: “ Gabriel ten o pelo longo e amarillo e Miriam negro ”
5 anos
ALBA/LOIS M.
DARA: “ Que Alba es una chica y Lois es un chico”
NICOLÁS:” Que Alba ten o pelo diferente ”
PROFE: “ E como o ten ?
NICOLÁS : “ De color marrón e Lois negro “
LOIS GARCÍA: “ Non, é castaño.”
ALBA CAROU: “ Eu no verán téñoo claro e no inverno escuro ”
LOIS M.: “ E por que ?’”
ALBA CAROU : “ Non sei, será porque no verán dálle o sol e verase mellor ”
IAGO:” Os dous teñen mandilóns diferentes, un azul e outro rosa ”
IVÁN :” Que Alba ten botas e Lois ten zapatos ”
DARA/CARLA
LOIS M. :” O pelo de Dara é …”
ANXO:” clariño…”
IAGO: “ é rubio…”
LOIS M. :” é claro e o de Carla escuro ”
LOIS GARCÍA: “ Os ollos, porque Dara os ten azuis. ”
DARA: “ Non, eu téñoos verdes”
LOIS GARCÍA:” E Carla marróns ”
IVÁN:”Dara ten o pelo amarillo e Carla marrón ”
BÁRBARA:” Dara ten chándal e Carla pantalón vaquero ”
ALBA CAROU:” Carla ten falda e Dara non ”
IVÁN:” Pero iso é do disfraz ”
GUILLERMO/ NICOLÁS
GUILLERMO:” Nicolás tiene los ojos marrones y yo azules ”
NICOLÁS:” O pelo de Guillermo é negro ”
TOD@S:” Non, é rubio! ”
DARA:”Rubio como o meu”
NICOLÁS:” Vale, amarillo e eu negro “
PEDRO:” Nicolás no tiene el pelo igual que Guillermo ”
XABI FIGUEIRAS:” Xa o dixen eu ”
PEDRO:” Bueno, que Guillermo no tiene el mismo pantalón que Nicolás ”
LEO:” Guillermo ten a cara clara e Nico un pouco escura ”
PEDRO/LEO
ANXO:” Pedro non ten igual os zapatos que Leo”
XABI FIGUEIRAS:” Leo ten gafas e Pedro non”
ALBA GARCÍA:” Leo ten os ollos azuis e Pedro marróns”
CARLA:” Leo é máis grande que Pedro”
DARA:” Es que cumple antes ”
BÁRBARA:” Leo ten pantalón negro con rayas blancas e Pedro azuis.
Pedro:”Claro, tengo gimnasia”
ALBA CAROU:” Azul marino”
PEDRO:”No son marinos , claro que no”
ALBA CAROU:” Que Pedro fala castellano e Leo non”
XABI:” Que Leo ten o mandilón máis azul que Pedro ”
DARA:” Leo non ten cordones y Pedro sí”
XABI:” Que Pedro ten as pernas morenas e Leo non”
Etiquetas:
Educación en valores,
PEL,
Proxecto interculturalidade
jueves, 7 de marzo de 2013
TODOS SOMOS DIFERENTES
Con Cirilo o crocodilo pretendemos que cada nena e neno consiga alcanzar unha imaxe axustada e positiva de si mesmo identificando as súas características e calidades persoais así como as súas limitacións.
Despois da lectura do conto o alumnado de 3 anos debuxou a Cirilo ao seu gusto e así xurdiron todos estes Cirilos diferentes.
jueves, 28 de febrero de 2013
CIRILO EL COCODRILO
Co obxectivo de favorecer o crecemento do noso alumnado nun ambiente de interrelación cultural traballaremos co conto " CIRILO EL COCODRILO "
Cóntanos a historia dun crocodilo que se sente triste por non ser igual aos demais. Pero Rosa, unha simpática osa, ten preparada unha divertida sorpresa que fará que o noso amigo se sinta feliz e se decate que ser diferentes nos fai únicos.
AUTORA:ALMUDENA TABOADA
ILUSTRACIONES: ADRIANA RIBÓ
EDITORIAL: S.M
Etiquetas:
Educación en valores,
PEL,
proxecto interculturalidade.
martes, 26 de febrero de 2013
jueves, 14 de febrero de 2013
SAN VALENTÍN 2013
Todos nos facemos vellos, é lei de vida. Pero a beleza non morre cos anos, simplemente se transforma.
Hoxe, 14 de febreiro , San Valentín, traballamos na aula co conto : AVÓS de Kalandraka. Unha historia romántica e poética repleta de metáforas encadeadas.
Deixámosvos unha presentación duns debuxos sobre esta fermosa historia de amor.
martes, 12 de junio de 2012
XOGOS TRADICIONAIS NO COLE
Por motivos meteorolóxicos non puidemos celebrar a reunión anual de xogos tradicionais con outros centros veciños. Como ao longo de todo o curso escolar estivemos a practicar as diferentes actividades, o profesor Daniel propúxonos celebralos internamente para o alumnado infantil do noso cole. Deixámosvos algunhas fotografías da xornada.
martes, 29 de mayo de 2012
Olimpíadas en Esteiro
Despois de investigar sobre as regras das disciplinas olímpicas en internet, xogos tics ,libros , contos... practicámolas no ximnasio.
Deixámosvos as seguintes presentacións xogando ao bádminton, fútbol ,balonmán, voleibol, atletismo ,baloncesto…
martes, 22 de mayo de 2012
ARTURO Y CLEMENTINA
O 8 de marzo ( día
internacional da muller ), máis que un día de homenaxe é un día de reflexión
acerca do importante rol que desempeña a muller en cada ámbito da vida.
Un dos contos que máis me
gusta para traballar a igualdade de xénero é o de " Arturo e Clementina " Editorial Lumen.
Presentámosvos o conto " Arturo e Clementina " elaborado polo alumnado
de 3, 4 e 5 anos de Esteiro.
Divertímonos moito facendo aos protagonistas en plastilina , elixindo a música , gravando e escoitando as nosas voces ...
Esperamos que vos guste ...
Esperamos que vos guste ...
Compartimos os Arturo e Clementina que fixo Sofía na casa coa súa mamá. E así de contenta nolo ensina aos compañeiros...
Etiquetas:
contos,
día da muller,
Educación en valores,
p.e.l,
Plan mellora,
Tics
Premio blog orixinal
O outro día encontrámonos cunha grata sorpresa no noso blog. A profe Ana e a profe Marta outorgáronnos este fermoso premio.
Moitas grazas ás dúas de parte de todo o alumnado de Educación Infantil de Esteiro. Fíxonos moita ilusións.
Os tres requisitos para poder aceptalo son:
-Citar as persoas que mo entregan.
-Dicir unha frase que me defina: " Encántame estar coa miña familia. Os mellores momentos da miña vida paseinos con eles. "
- Regalarlle o premio a 10 blogs amigos. E eu vóullelo entregar a todos aqueles que me visitades e tedes un blog.
sábado, 5 de mayo de 2012
Debuxos olímpicos
Esta semana practicamos a gardar imaxes nun Pen drive USB. Aquí deixámosvos algúns exemplos dos debuxos olímpicos:
viernes, 27 de abril de 2012
Disciplinas olímpicas no ordenador
Esta semana nos momentos de TIC descubrimos os novos xogos publicados no blog. Agora que xa sabemos un pouco máis das diferentes disciplinas nos xogos olímpicos tamén podemos practicalas. Deste xeito tan divertido aprendemos as regras do xogo, vestimenta dos deportistas, materiais que usan , simboloxía...
Ademais aprendemos a enviar ao noso correo uns debuxos de deportistas que nos quedaron xenial!!
martes, 24 de abril de 2012
Día do libro
Para celebrar o día do libro realizamos uns marcapáxinas relacionados co proxecto de centro: AS OLIMPÍADAS. Neste caso decidimos que o debuxo sería da disciplina de atletismo e como protagonista un dos personaxes dos nosos contos favoritos: os bolechas.
Aquí temos a Dara ao día seguinte co seu marcapáxinas olímpico!!
E a Daniela, na hora do conto, co seu marcapáxinas novo!!
Etiquetas:
Día do libro,
proxecto olimpíadas,
Psicomotricidade fina
martes, 27 de marzo de 2012
miércoles, 21 de marzo de 2012
AS MANS EN ALTO
Pero que ben nolo pasamos realizando o lip dup
para celebrar o día da PAZ 2012!!! .
Grazas ao gran traballo do noso equipo
directivo ( Gonzalo, Domi e Luis ) quedounos así de fermoso.
Etiquetas:
Día da paz,
Educación en valores,
Oimpiadas.
martes, 20 de marzo de 2012
CARAPUCHIÑA VERMELLA
Dentro do programa de estimulación da linguaxe realizamos exercicios a través do xogo.
Así, están motivados mentres favorecen a súa linguaxe.
Nas sesións da semana pasada traballamos co conto " Carapuchiña vermella " OBXECTIVOS: - Aumentar o nivel de atención. - discriminar auditivamente sons do medio. - Reproducir onomatopeas. - Potenciar o sopro. - Ampliar o léxico. ACTIVIDADES: - Deitados na asemblea relaxámonos con sons do bosque. Escoitamos a lectura do conto, aínda deitados.
- Realizamos respiracións, facendo que uliamos as flores do bosque.
- Fixemos sopros con pelotas de papel en camiños de plastilina, un longo e outro curto, que son os que collen carapuchiña e o lobo para chegar á casa da avoa.
- Imitamos as expresións dos personaxes do conto ( preocupación, medo, furia, felicidade... )
- Identificamos e imitamos as onomatopeas do conto ( o vento, os paxaros ,la escopeta... )
- Praxias linguais ( Carapuchiña é a lingua, a boca é o bosque e os dentes as árbores )
- Traballamos co vocabulario: describindo a roupa que levaban os personaxes e inventando outros finais á historia.
Outros finais propostos polo alumnado son: Alumnado 5 anos “Capapuchiña e o lobo encóntranse na casa da avoa. O cazador escoita os berros e foi a mirar á casa e ver o que pasaba. Encontrouse o lobo que andaba por aí solto e chamou a policía. A policía colleu o lobo e encerrouno no cárcere. Ao final Carapuchiña queda coa súa avoíña e co seu avó a merendar. ”
Alumnado 4 anos: Alba Carou :” Peléxanse, despois saen doridos e van para o hospital. Ao lobo dálle un infarto e morre. resucita e come todos. ”
Xabi Martinez: “O lobo e Carapuchiña peléxanse e despois dun tempo fanse amigos e tamén noivos. Fan unha voda e fanse compañeiros. ”
Leo: “O lobo e Caperucita fanse amigos e a avoa dálles galletas ”
Lois Muñoz :” E fanse amigos e comen na casa da avoa. ”
Xabi Figueiras: “E vanse todos ao parque. ”
Dara : “ y en el sofá ven una peli los tres ”
Bárbara : “Pasearon e durmiron na cama e tamén foron comprar chuches. ”

lunes, 19 de marzo de 2012
TALLER DE XOGOS TRADICIONAIS
Nos momentos de psicomotricidade realizamos un taller de xogos tradicionais. Montamos un recanto no ximnasio " RECANTO DE XOGOS POPULARES " .
Decoramos as mesas, o cartel , as caixas e realizamos os xogos: chapas, buxainas, birlos, bob esponxa, raquetas.
Etiquetas:
psicomotricidade,
Psicomotricidade fina,
Tics
martes, 28 de febrero de 2012
Día da amizade
Outro ano é 14 de febreiro e celebramos San Valentín.
Investigamos e agora sabemos que hai moitos, moitos anos ( 270 d.C ) o emperador romano, Claudio III, non deixaba casar aos namorados. Pensaba que os soldados que non tiñan parella e fillos eran mellores para defender Roma porque non estaban emocionalmente ligados a eles.
Valentín, un bispo non contento coa noticia, casa os mozos en segredo. Cando Claudio o descobre mátao un 14 de febreiro. Dende entón, San Valentín é o patrón do amor e a amizade.
Aínda que nesta data o recordamos, celebrámosvolo todos os días do ano.
E esta é a nosa visión da historia de San Valentín.

Falamos do noso amor a un noivo, compañeiro, amiga, avoa, mamá, papá, irmá...
Etiquetas:
día da amizade,
Educación en valores.,
p.e.l,
Psicomotricidade fina
jueves, 23 de febrero de 2012
SEMANA DA PAZ 2012
Ao fin subimos os vídeos que elaboramos para recordar que todos os días son días de PAZ. O primeiro está baseado no conto de " caracol e vermiño " realizado polo alumnado de 4 anos e o segundo no conxuro inventado polas nenas e nenos de 5 anos no momento de P.E.L.
Conxuro de Paz
jueves, 2 de febrero de 2012
DÍA PAZ 2012
A semana pasada realizamos varias actividades en relación a PAZ.
No momento do P.E.L traballamos o conto “ buscando la paz ” . No que un Rei buscaba unha pintura na que se refectise a paz perfecta. Nós tamén quixemos participar no concurso …
Un cuento: Buscando la paz
Había una vez un rey que ofreció un gran premio a aquel artista que pudiera captar en una pintura la paz perfecta. Muchos artistas lo intentaron.
El rey observó y admiró todas las pinturas, pero solamente hubo dos que a él realmente le gustaron y tuvo que escoger entre ellas.
La primera era un lago muy tranquilo. Este lago era un espejo perfecto donde se reflejaban unas placidas montañas que lo rodeaban. Sobre estas se encontraba un cielo muy azul con tenues nubes blancas. Todos quienes miraron esta pintura pensaron que esta reflejaba la paz perfecta.
La segunda pintura también tenía montañas. Pero estas eran escabrosas y descubiertas. Sobre ellas había un cielo furioso del cual caía un impetuoso aguacero con rayos y truenos. Montaña abajo parecía retumbar un espumoso torrente de agua. Todo esto no se revelaba para nada pacífico.
Pero cuando el Rey observó cuidadosamente, vio tras la cascada un delicado arbusto creciendo en una grieta de la roca. En este arbusto se encontraba un nido. Allí, en medio del rugir del la violenta caída de agua, estaba sentado placidamente un pajarito en su nido...
¿Paz perfecta...?
¿Cuál crees que fue la pintura ganadora?
El Rey escogió la segunda.
¿Sabes por qué?
"Porque," explicaba el Rey, "Paz no significa estar en un lugar sin ruidos, sin problemas, sin trabajo duro o sin dolor. Paz significa que a pesar de estar en medio de todas estas cosas permanezcamos calmados dentro de nuestro corazón. Este es el verdadero significado de la paz."

sábado, 17 de diciembre de 2011
EL GRAN OSO POLAR
Subimos ao blog un conto de rimas " El gran oso polar " . Neste caso foi elaborado co alumnado de 4 anos e cunha axudiña dos nosos compis de 3 anos.
viernes, 16 de diciembre de 2011
Corre corre , cabaciña
Seguro que coñecedes o conto " corre corre cabaciña " . Publicamos unha versión realizada polo alumnado de 5 anos.
jueves, 15 de diciembre de 2011
O NOSO CORPO VAI CAMBIAR
Unha das cancións que traballamos é "O CORPO" de mamá cabra. Primeiro escoitamos a letra, falamos sobre as partes do corpo que menciona e , por último , inventamos a coreografía.
Tamén nos gustou moito a canción " EPO ". A pesar de ser un pouco máis complicada por ter que relacionar cada palabra cunha parte do corpo ( EPO - XEONLLOS , TUKI - CABEZA ... ) , divertímonos moito.
martes, 13 de diciembre de 2011
PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO
Hai un par de semanas empezaron no cole as sesións de contacontos . Comezamos coa representación de " Pequeno azul e pequeno amarelo".
Se queredes ver as fotos pica na imaxe e accede ao blog da biblioteca:
O certo é que os pequenos azul e amarelo resúltanme coñecidos. Curioso ... je,je.
Se queredes ver as fotos pica na imaxe e accede ao blog da biblioteca:
O certo é que os pequenos azul e amarelo resúltanme coñecidos. Curioso ... je,je.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)